lunes, 26 de marzo de 2007

Dous pobos pra unha autovía


O programa Rec Cámara dedicou este sábado A Denuncia a escotar as demandas dos veciños das Terras de Trives, que reclaman que a futura autovía A-76, que unirá Ourense
e Ponferrada, pase por esa zona.
Cren que é a única oportunidade que teñen para reactivar o desenvolvemento industrial, económico e turístico duns concellos deficitarios en comunicacións.
Pero só un dos trazados posibles, que contempla o Ministerio de Fomento, colma as súas expectativas, xa que os outros tres transcorren por Monforte e as Terras de Lemos,
que tamén desexan esa autovía.

Gravacións do programa REC CÁMARA no arquivo da CRTVG

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21:08:25&fecha=24/03/2007&arquivo=1&programa=REC CÁMARA
Copia e cola iste enlace do teu navegador pra ver o reportaxe